A Deputación da Coruña aproveita o 17 de maio para lanzar unha campaña de promoción do libro galego

A área de Normalización Lingüística e Cultura da Deputación da Coruña quere aproveitar a festividade do Día das Letras para lanzar unha campaña en prol do libro galego que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas: ‘Libros para sermos libres’. O ente provincial considera que é necesario acompañar ao sector nun momento especialmente duro pola crise do covid-19. “Pensamos que a actual situación se impón en todos os ámbitos sociais e nesta conmemoración non podíamos ficar á marxe da crise que atravesa o sector do libro galego e por iso deseñamos un programa para promover a lectura e tamén animar a mercar libros galegos”, destaca a deputada responsable de Normalización Lingüística, María Muíño, dun programa a través do que tamén se sortearán vales para mercar títulos en galego nas librarías da provincia da Coruña.

A campaña, que se iniciará inmediatamente despois da festividade das Letras, desenvolverase en internet e nomeadamente nas redes sociais. Aos contidos escritos e audiovisuais a prol do libro galego  sumarase un concurso aberto a todos os intenautas e o sorteo de vales que se poderán trocar en calquera libraría da provincia por obras en lingua galega.

Tes aquí máis información

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*