‘A Galicia de Maeloc’: corenta anos dun disco que cambiou a historia da música tradicional

Oito temas tradicionais galegos, un irlandés e catro composicións propias, esta foi a carta de presentación coa que Milladoiro marcou un punto de inflexión na historia da música galega. Por vez primeira, a gaita galega aparecía nun álbum canda instrumentos coma a ocarina, a zanfona ou a harpa. Nada volveu ser coma antes. Milladoiro, o que sería cos anos o noso grupo máis internacional, abrira novos camiños para a música tradicional.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*