Gonzalo Hermo faise co XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘Diario dun enterro’

Un dos autores máis relevantes da poesía galega dos últimos anos, Gonzalo Hermo, é o novo gañador do Premio Narrativa Breve Repsol, que cada ano promove a empresa de enerxía e a Consellería de Cultura. A obra “Diario dun enterro” será publicada nos vindeiros meses pola editorial Galaxia e o autor recibirá 12 mil euros en metálico.

O xurado composto por Anxos Sumai, Carlos Lema, Euloxio Ruibal, Berta Dávila e Dolores Vilavedra, salientou a “sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*