Sesenta anos da publicación d’A Esmorga en Bos Aires. Queres unha primeira edición? Prepara 1500 euros

Diego Díaz, Luís Seoane, Antonio Baltar, Manuel María Varela e Perfecto López fixeron posible no exilio arxentino a editorial Citania. O proxecto, que apenas durou dous anos, tivo entre outros moitos méritos o de publicar a que para moitos é a gran novela galega do século XX: A Esmorga. Aquela primeira edición é hoxe un tesouro para calquera bibliófilo. Unha boa proba é un exemplar que ten á venda na rede unha tenda de antigüidades da comarca de Vigo por 1500 euros.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*