
O Concello de Santiago ten claro que a literatura é unha boa ferramenta para promocionar e difundir a cidade, por iso vén de convocar un ano máis as bases polas que se destinan 7500 euros a obras que teñan a Compostela como “marco de acción ou referencia fundamental”. Os Premios SELIC de Creación Literaria 2019 divídense en tres categorías diferentes: narrativa, poesía e teatro. Cada obra gañadora recibirá 2500 euros e publicarase na colección SELIC que edita o propio Concello. Se es unha das persoas interesadas en participar no premio, debes saber que debes enviar a túa obra antes do 30 de setembro. O fallo coñecerase en decembro.
Tes aquí toda a información