Oliver Laxe marca un novo fito na historia do cinema galego coa proxección do filme ‘O que arde’ no Festival de Cannes

O prestixioso festival de Cannes proxectou por vez primeira nos seus 73 anos de historia unha longametraxe en lingua galega: ‘O que arde’, de Óliver Laxe. O cineasta estivo acompañado na cidade francesa polos dous protagonistas do filme: Amador Arias e Benedicta Sánchez. O filme narra unha historia que se desenvolve nos Ancares lugueses (comarca da que é orixinaria a familia de Laxe) e que conta dúas historias paralelas: a dun pirómano que sae da cadea e regresa á súa casa e a de dous brigadistas que loitan contra os incendios forestais. ‘O que arde’ chegará aos cines galegos contra o remate deste ano 2019.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*