Estás preparando as maletas para baixar uns días ao sur? En Letra en Obras ímosche deixar cinco discos para que escollas a banda sonora coa que percorrer o país irmán. Aí van:
- ‘Do Avesso’, Antonio Zambujo
Antonio Zambujo (beja, 1975), un dos grandes da música portuguesa actual, necesita moi poucas presentacións. Hai poucos meses lanzou o seu noveno álbum, e volveu sorprender a propios e estraños.
- ‘Adoro Bolos’, Conan Osíris
Conan Osíris é o nome artistico de Tiago Miranda (Lisboa, 1989) un autor que con só dous discos no mercado descolocou (positivamente) á crítica portuguesa. Por certo, será o representante de Portugal este ano en Eurovisión.
- ‘Naçao valente’, Sergio Godinho
Sergio Godinho é unha institución no seu Porto natal e unha referencia da música portuguesa. O seu último traballo non fai máis que confirmalo.
- ‘Odeon Hotel’, Dead Combo
Un disco dos que deixa pegada, iso é o que logrou a banda Dead Combo co seu último traballo.