Lugo réndelle tributo ao escritor Isidro Novo poñéndolle o seu nome á Biblioteca Municipal

Un ano despois da súa morte, a cidade de Lugo négase a deixar que a obra do escritor Isidro Novo caia no esquecemento. O vindeiro 1 de febreiro a Biblioteca Municipal pasará a levar o nome do narrador e poeta. Ese mesmo día tamén se presentará un libro de homenaxe: Isidro Novo (1951/2018). Neste volume, coordinado por Calvo Vidal, participan 65 persoas, que achegan novas perspectivas de Isidro Novo explorando o lado humano e mailo artístico.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*