Cousa Nostra, a fotografía revelada na imprenta

A finais do ano pasado presentouse publicamente na Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre a editora Cousa Nostra, impulsada polos fotógrafos Alberte Sánchez Regueiro (Distrito Xermar) e Marcos Ferreiro. A editora especializarase na publicación de libros de fotografía de autor. As tres primeiras apostas xa están  na rúa: All tomorrow parties de Carolina Martínez; ProspektMoscow, de Simone Maestra e Latexos de Luís Botana. Os promotores apostan por construír un pequeno catálogo, con tiraxes reducias, numeradas e asinadas polas propias autoras.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*