Teatro da Rumboia faise coa primeira edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Hai premios que reivindican a vixencia dun autor e que son garantes da pervivencia da súa obra. Este é o caso do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que acaba de fallarse esta semana na cidade da Coruña. O xurado, composto por Manuel Lourenzo, Quico Cadaval, Belén Pichel e Alberte Ansede, estimou que a mellor proposta presentada a concurso é a de Teatro da Rumboia, que toma de punto de partida o texto de Manuel María O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú, unha parodia sobre a ditadura franquista. O equipo gañador está integrado por María Peinado, Fran Lareu, Anxo García e Germán Gundín.

Aínda que o certame está dotado con 2000 euros, o que o fai especialmente valioso é o acordo da organización (a Fundación Manuel María) con deputacións e concello que fará posible que a obra gañadora se represente en polo menos 26 localidades galegas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*