Culturgal 2018, sempre na proa!

O Culturgal, a gran feira cultural galega, celebra esta fin de semana a súa undécima edición. E iso non deixa de ser admirable logo dunha década marcada por unha fondísima crise económica e uns recortes no gasto público que loxicamente deixaron en estado anémico ás industrias culturais. Quen sabe se esta resistencia obstinada e o éxito da proposta non é un dos mellores sinais de esperanza para todo o sector?

Dende estes venres e ata o domingo, a organización agarda a chegada de milleiros de persoas ata o Pazo da Cultura de Pontevedra. A entrada ao recinto terá un custe máximo de tres euros por xornada (cinco euros en caso de coller un abono para toda a fin de semana). Sen dúbida un prezo simbólico que dá dereito a visitar todos os stands e a gozar da programación (novidades editoriais, concertos, etc).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*