‘Ata que o lume se apague’, Nao despídese deixando a lapra acesa

Este martes, día 20 de novembro, ás 17:00 horas, a banda Nao presenta na Nave de Vidán de Santiago o que vai ser o seu oitavo e último disco: ‘Ata que o lume se apague’. O grupo estradende, unha das referencias fundamentais do rock en galego actual, anunciou o punto e final á súa traxectoria logo da xira que os levará por diferentes puntos de Galiza e de fóra do país nos vindeiros meses. A data de presentación, elixida a mantenta (un dos temas do novo disco leva por nome ‘Franco Resurrección’), tamén deixa claro que os Nao se queren despedir facendo bandeira do compromiso político que os acompañou durante toda a carreira.

  • Podedes ampliar información deste novo traballo aquí (Gzmusica.com) e tamén no web oficial de Nao.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*