Su Garrido Pombo, Néboa, Oh! Ayatollha, A banda da loba e Zumaque Trío, aquí está a última fornada do Premio Narf de Música!

Esta fin de semana coñeceuse o nome da gañadora do X Concurso Fran Pérez ‘Narf’, que convoca anualmente a Deputación da Coruña. O nome da premiada non é descoñecido entre os que seguen con especial atención o que sucede no panorama musical galego: Su Garrido Pombo (Vigo, 1982). A artista que basea o seu universo na voz e na guitarra, e que mestura estilos como o jazz, a bossa ou o folk conquistou o xurado desta edición, composto por Brais Morán Mato, Isaac Gónzalez López, Mar Catarina Serantes, Xurxo Souto e a gañadora da anterior edición, Camille Hédouin, Mounqup.

    • Deixámosvos un vídeo dunha súa canción titulada ‘Quedo a vivir aquí’:

  • A segunda praza no concurso Narf foi para banda Néboa

  • terceiro posto foi para Oh! Ayatollha

  • cuarto para A banda da loba

  • quinto finalista foi Zumaque Trío

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*