Eli Ríos gaña o González Garcés de Poesía con ‘Ningunha tortilla é mala’

Eli Ríos

Eli Ríos segue en racha e suma outro gran premio ao seu palmarés: o Gónzález Garcés de Poesía. A autora de orixe ordense impúxose no certame que convoca a Deputación da Coruña coa obra Ningunha tortilla é mala. Pola súa parte, Silvia Penas  quedou finalista no mesmo premio co traballo Subministro. O xurado, que estivo formado por Vicente Araguas, Enma Pedreira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafa Vilar e Lorena Code, distinguiu estas dúas obras entre as máis de 92 presentadas.

Silvia Penas

O tribunal salientou que na obra de Eli Ríos, “hai unha poesía pictórica e secuencial, case minimalista que xoga coa metalingüística” e nela atopan tamén  “humor e a retranca que, sen romper a profundidade do texto, o alixeira”. “O texto ten a capacidade de conectar un mundo que vai do detalle ao universal, mediante un xogo lingüístico no que se vale dunha estética do silencio”, apunta o fallo do xurado que fala dunha obra “moi sensorial que podería resumirse como o relato da elaboración dunha tortilla sinestésica como metáfora do desexo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*