Festival Rosalía de Castro, a literatura como motor cultural e económico

O vindeiro sábado, 29 de setembro, a nosa máis grande escritora será a gran protagonista no corazón da zona vella de Compostela. O motivo é o Festival Rosalía que encherá a Praza Cervantes de música, danza. Performances, teatro e produtos relacionadas coa autora. A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, explicou na presentación do evento que “temos unha supercultura que conta cunha superheroína como gran figura. Quixemos traer por iso unha Rosalía con superpoderes que está no século XXI como unha muller poderosa e moderna que é”. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, destacou a “colaboración institucional” á hora de organizar un festival que, como tamén lembrou Goretti Sanmartín, serve para dinamizar cultural e económicamente a cidade.

Ampliar información no web da Deputación.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*