1976. Juan Pardo, patriota galego

Cúmprense 42 anos do que sen dúbida é o disco máis sorprendente de Juan Pardo: Galicia, miña nai dos dous mares, un lp no que se musicaban poemas especialmente combativos de dous clásicos da literatura do país: Ramón Cabanillas e Eduardo Pondal.

O ditador Franco morrera apenas un ano antes e o estado español vivía un momento de transición política inzada de incertezas, medos e esperanzas. Nese outono de 1976 presentábase no Hostal dos Reis Católicos precisamente este disco. O seu protagonista non era nin moito menos un descoñecido no panorama musical español.

Que levou a un artista recoñecido, fillo dun almirante da Mariña, a entoar cancións a prol da normalización lingüística, do dereito a autodeterminación ou na memoria de Castelao? Conciencia nacional? Simple oportunismo político e comercial? Houbo un manifesto de artistas galegos que afirmaron isto último (o autor obxecto das críticas recoñecería en entrevistas concedidas anos despois que naquela altura simpatizaba coa UCD de Adolfo Suárez).

Juan Pardo non volveu gravar un disco integramente en galego e as súas cancións máis políticas foron directamente encargos de partido, como foi o caso de Xuntos, himno dun PPdeG liderado por un Fraga que se apoiaba no poder territorial do chamado sector da boina (que reivindicaba certa autonomía política do partido en Galicia).

Programa especial da TVG

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*