Nestes últimos días do verán atopamos pola rede un exemplo de comuñón entre poesía, música e audiovisual. O último videoclip de Chicharrón, dirixido por Mar Catarina, bebe directamente dun poema do libro O cuarto das abellas, de Antía Otero (Xerais, 2016) e o resultado é ‘Na cela’. O traballo que xa circula pola rede está interpretado por Mariña Molinedo.
Deixámosvos a letra do poema e o resultado ao fundirse con música e imaxes:
Na cela
o fume sempre persegue / a luz / e a larva / ao colo da abella / Hoxe durmirei / no teu lado do catre / Non quero / que che rouben / o sitio / mentres non estás.