Hai premios que ben merecerían eles mesmos un pequeno galardón. O García Barros de Novela é un deles: este ano chega á súa vixésimo novena edición. Se queres que xulguen a túa novela, tes que enviar as copias antes do 12 de maio á Casa do Concello da Estrada (Praza da Constitución, 1. CP 36680).
O premio está dotado de nove mil euros en metálico e leva canda si a publicación da obra elixida polo xurado.