“O mundo camiña cara algo parecido ao 1984 de Orwell”

Ramón Muñíz de las Cuevas naceu en Ourense, no ano 1942. Estudiou Ciencias Políticas e Socioloxía en Madrid e despois traballou na extensión agraria e especializouse en socioloxía do rural. Foi membro do Comité Central da UPG na clandestinidade antes de participar na fundación da AN-PG e do BNG.

Ramón Muñiz

Que libro andas lendo?
Estou volvendo ler o 1984, de George Orwell.

Se tiveses que escoller un título da literatura galega?
Marcoume moito o Sempre en Galiza de Castelao, porque foi fundamental para a miña conciencia nacionalista. Eu procedía do mundo urbán, estudiei en Madrid e nos anos 60, no tipo de sociedade ourensana e coa maneira de ser dos da miña casa, non tiña conciencia de nación. Foi daquela en Madrid onde lin este libro e empecei a ter relación con xente galega, e comecei a integrarme no movemento nacionalista.

Como ves o ensaio en Galiza?
Eu son fundamentalmente un lector de ensaio e de feito por eso estou volvendo ler o libro de Orwell, porque parece que o mundo camiña cara a algo parecido ao que conta el. En Galiza evolucionamos, hai máis literatura de ensaio e hai traducións de xente boa que antes non había. Non xa só por escritores galegos senón por xente non galega, e niso foi importante, por exemplo a Editorial Laiovento.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*