Concurso de Relato Curto de Política Ficción “Café de Catro a Catro”

O coñecido café vigués “De Catro a Catro” ten aberto o prazo ata o día 20 de setembro para entregar traballos ao seu segundo concurso de relato curto. O premio volve á vida logo de dúas décadas (a primeira edición foi en 1982).

De quereres participar tes que presentar o teu conto conforme a normativa ILG-RAG. As obras que terán que ser orixinais e inéditas han de constituír un relato cunha extensión máxima de dous folios din A4 (máximo 1.500 caracteres a espazo dobre). O formato require letra Times New Roman tamaño 12.

As obras teñen que chegar por triplicado e canda elas, nun sobre pechado, os datos persoais do autor. O traballo gañador recibirá 300 euros e será exposto no local-

Podes consultar as bases completas na páxina da AELG

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*