En plena pandemia apareceu na rede Somos Tribo. O novo magazine dixital fixo a súa estrea con entrevistas en profundidade a tres galegas ben destacadas: Vero Boquete, Guadi Galego e Xosé Antonio Touriñán. Dende Somos Tribo defínense como “un proxecto comunicativo, xornalístico e social que pretende falar de todo, sen cancelas” As primeiras pezas deste proxecto están asinadas por dous veteranos do xornalismo galego: Xabier Colmeiro e Marga Pazos.