A Real Academia Galega acaba de publicar o tradicional texto biográfico sobre o autor homenaxeado co Día das Letras. Nesta ocasión, a RAG encargoulle a escrita do documento sobre Antonio Fraguas a Clodio González Pérez, mestre xubilado, académico correspondente e destacado etnógrafo. Deste xeito inaugúrase o Ano Fraguas, que terá o seu acto central o vindeiro 17 de maio na súa localidade natal (Cotobade).
Podes ler aquí a biografía oficial de Antonio Fraguas que publica a RAG