
Do 1 ao 7 de outubro, Penafiel (a apenas 40 quilómetros ao oeste de Porto) convértese na ‘cidade Pepetela’. A razón é que o festival literario Escritaria dedícase este ano ao recoñecido escritor angolano. As rúas desta localidade, de pouco máis de 15 mil habitantes, encheranse de referencias á vida e obra do novelista africano. Non faltarán lecturas públicas, representacións teatrais, pezas audiovisuais, debuxos e ata unha importante primicia: Pepetela vai lanzar en Penafiel o seu último libro (Sua Excelencia, de Corpo Presente).
O Escritaria chega á súa undécima edición. Anteriormente os protagonistas deste festival foron: Urbano Tavares Rodrigues, José Saramago, Agustina Bessa-Luís, Mia Couto, António Lobo Antunes, Mário de Carvalho, Lídia Jorge, Mário Cláudio, Alice Vieira e Miguel Sousa Tavares.
Edición 2017 do Escritaria