SELIC 2018: Santiago reivindica a capitalidade literaria

Este venres á tarde comeza a Semana do Libro de Compostela (SELIC). A praza da Quintana estará aberta aos libros ata o vindeiro domingo 10 de xuño. Á cita, que chega á súa segunda edición logo dos bos resultados da primeira, acudirán 25 expositores. O alcalde santiagués, Martiño Noriega, destacou que a SELIC é “un modelo que funcionou con éxito o ano pasado porque é o resultado das demandas do sector e foi deseñado para atendelas”. Para o Concello, a exposición é un xeito de reivindicar a tradición literaria da cidade é, á mesma vez, aproveitar o potencial do sector para xerar riqueza.

As persoas que se queiran achegar ata a Quintana nos vindeiros dez días deben saber que a carpa estará aberta de luns a venres en horario de tarde (17 a 21 horas) e que as fins de semana a feira terá un horario ininterrompido que vai dende as 11 ás 21 horas. Canda os expositores están previstas numerosas actividades dirixidas a todos os públicos, algunas das cales se espallarán polo resto da cidade. Autoras coma Marga Tojo, Carlos Negro, Eli Ríos, Teresa Moure, Daniel Salgado, Ismael Ramos, Suso de Toro, Antonio Gamoneda ou Dulce María Cardoso protagonizarán encontros abertos co público.

Neste ano aberá unha ponte firme coa lusofinía xa que Póvoa de Varzim será a cidade convidada. Tamén haberá sitio na programación para os paseos literarios pola cidade que buscan evidenciar a pegada de Santiago na literatura.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*