Rosario Álvarez, primeira muller á fronte do Consello da Cultura

A catedrática de Filoloxía Galega Rosario Álvarez (Pontevedra, 1952) é a nova presidenta do Consello da Cultura Galega. A tamén académica convértese así na primeira muller en dirixir este organismo oficial, de carácter consultivo, que está destinado a pular pola dinamización do noso idioma e da nosa cultura. Antes de Rosario Álvarez, o Consello da Cultura estivo presidido por Ramón Piñeiro (1983-1990); Xosé Filgueira Valverde (1990-1996); Carlos Casares (1996-2002); Alfonso Zulueta de Haz (2002.2006); e Ramón Villares (2006-2018).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*