Premios Xerais 2018: Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville

Emma Pedreira

Este sábado anunciáronse as gañadoras dos Premios Xerais 2018. Na categoría de novela o galardón recaeu en Emma Pedreira, pola obra Besta do seu sangue; o Jules Verne de Literatura Xuvenil foi para Aplicación instantánea, de Carlos Negro; e o Merlín de Literatura Infantil deste ano é para Héctor Cajaraville por Kusuma. Cada un dos gañadores recibirá 10 mil euros en metálico e verá publicada a súa obra este outono. Un dos cambios principais dos Premios Xerais 2018 é que a entrega dos mesmos terá lugar en outubro, o mes no que chegan ás librarías os títulos gañadores.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*