Finou Xabier Docampo, referencia da narrativa actual

Este martes faleceu na Coruña Xabier. P Docampo, unha das cimeiras da literatura infantil e xuvenil galega. Mestre, contacontos, actor de teatro, especialista en animación á lectura, guionista e activista cultural e lingüístico (foi un dos principais promotores da asociación Prolingua), Docampo estreouse relativamente tarde na literatura, cando xa contaba os corenta anos. Dende aquel primeiro libro en 1986, veu logo unha prolífica carreira narrativa e algúns títulos que se converteron en referencias literarias (tamén alén das nosas fronteiras), como é o caso de Cando petan na porta pola noite.

Docampo tamén fixo incursións notables no mundo da narrativa para adultos: O libro das viaxes imaxinarias (2008) e moito máis recentemente coa novela A nena do abrigo de astracán, que logrou este mesmo ano o premio da Gala do Libro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*