Finou Berta Álvarez Cáccamo, unha das autoras máis destacadas da pintura galega contemporánea

Este venres transcendeu a nova da inesperada morte de Berta Álvarez Cáccamo. A pintora viguesa, de 54 anos de idade, era unha das artistas máis recoñecidas da súa xeración. Entre os numerosos recoñecementos que tivo, cómpre destacar o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas 2017. Pertencía a unha coñecida familia de intelectuais galegos. Filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, era irmá dos tamén escritores e profesores Xosé María, Alfonso e Celso Álvarez Cáccamo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*