A capital cultural? Non diga Gaiás, diga O Couto

Xa o dixemos máis veces, no mes de maio a capital da nosa cultura non está nin en Santiago de Compostela nin en ningunha das outras seis cidades do país. Tampouco a busquen nunha capital de comarca, nin sequera nunha viliña con consistorio e centro médico. O centro neurálxico das letras galegas está nunha aldea de Bergantiños: O Couto (Ponteceso). Neste lugar, no que apenas viven 150 veciños, ten lugar dende hai 36 anos o Festiletras. Ao longo de cinco días (do 16 ao 20 de maio) pasan polo Couto escritoras, cantantes e sobre todo amantes da cultura.

Os protagonistas desta edición van ser, entre outras,  Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval, Jorge Mira ou Xurxo Souto. A eles sumarase unha completa oferta musical protagonizada por Fetén Fetén, Tanxugueiras, Mounqup, Txarango, Igmig, Terbutalina e Sés.

  • Podes ver aquí a programación completa, que é aínda moito máis sorprendente.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*