‘Tres pintores’, Cid Cabido regresa á narrativa despois de nove anos de silencio

“Volve o evidencialismo: prosa económica, pureza na narracíón e unha ironía mordaz que afonda na amargura. Será un gran regreso de Cid Cabido, si señor!” así anunciaba hai poucas horas o editor Manuel Bragado o último Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve: Tres pintores, de Xosé Cid Cabido. O galardón que organiza o Concello de Lugo, ademais de 4000 euros en metálico, leva aparellado a publicación da novela baixo o selo de Xerais.  Agárdase que o traballo de Cid Cabido chegue ás librarías nos vindeiros meses: case unha década despois da súa última novela (Unha historia que non vou contar).

Cabido é un autor moi aprezado pola crítica. Títulos como Días contados, Panificadora, Grupo abeliano ou Blúmsdei, convérteno nun dos escritores máis relevantes da literatura galega actual.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*