NZZN, os pioneiros do heavy metal portugués

Para buscar os inicios do heavy metal en Portugal é indispensable achegarse ata Cascais. Nesta vila da área metropolitana de Lisboa comezou a dar os seus primeiros pasos en 1979 a banda NZZN, que pasaría a historia dous anos despois por gravar o primeiro EP deste estilo musical: Vem daí.

Mais como pasa tantas veces no mundo da música, a vida daquela banda pioneira foi moi breve. En 1982, logo de gravar o seu único álbum de estudo, os integrantes de NZZN decidían disolver o grupo por mor da falta de contratos e dos numerosos problemas entre eles. En tres anos lograran ben máis do que outros grupos coetáneos moito máis lonxevos: figurar na historia do rock portugués.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*