Fran Alonso, novo director de Xerais

Era un secreto a voces que este venres pasou a ser noticia oficial: Fran Alonso substituirá a Manuel Bragado á fronte de Xerais, un dos grandes selos en lingua galega. Con este cambio, o Grupo Anaya, propietario da editora, aposta por unha sucesión sen sobresaltos, xa que Alonso formaba parte do equipo directivo da editora radicada en Vigo.

Licenciado en Filoloxía Galega-Portuguesa, Fran Alonso coñece á perfección o mundo literario galego. Traballador de Xerais dende 1992, a onde chegou logo dunha traxectoria laboral no mundo da prensa, tamén é un dos autores máis destacados da súa xeración grazas a unha obra moi sólida onde non faltan títulos de referencia tanto no eido da narrativa (Tráiler, Cemiterio de elefantes, Males da cabeza…), no da poesía (Tortillas para obreiros, Subversións…) ou para os lectores máis cativos. Tamén é coñecido polo seu traballo no Espazo Lectura de Gondomar, unha asociación cultural que é referente no país polo seu traballo de animación á lectura.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*