Berri Txarrak, o rock en euskera que conquista o mundo

España é un lugar difícil (cando non hostil) para os artistas que crean nunha lingua que non sexa o castelán (ou o inglés). O enésimo exemplo podémolo ver no caso do grupo Berri Txarrak. Cantas bandas hai no estado que xunten dez mil persoas nun concerto de pago? Pois a pesar de que non demasiadas, a este histórico grupo musical que canta en euskera é máis que difícil escoitalo nas radios ou televisións xeralistas.

E Berri Txarrak, que está de xira presentando o seu noveno disco “Infrasoinuak”, arrastra lexións de seareiros. Se este sábado tocaron no Bizkaia Arena de Barakaldo diante de algo máis de dez mil persoas, en abril farano na sala Rivieira de Madrid (coas entradas xa esgotadas) e posteriormente en Edimburgo, Bristol, Londres e Dublín. Antes xa estiveron a presentar o traballo por diferentes países de Asia e Oceanía.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*