Mil razóns para seguir sementando!

Este ano 2018 cumpriranse catro décadas da gravación dunha das cancións máis populares da historia da música popular galega: A Sementeira. Con letra do xornalista Luís Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, a canción levouna por primeira vez a un estudio o grupo Fuxan os Ventos. Coa fin da ditadura militar aínda moi recente, a cantiga converteuse nun himno xeracional.

Mais as versións foron moitas (dende grupos de rock ata orquestras). Aí van algunhas reinterpretacións que aínda se poden atopar pola rede:

Gravación de Fuxan os Ventos (1978)

Versión de Astarot

Orquestra Jerusalén

Como tocar A Sementeira na guitarra? (Fran Brea)

 

Sementar, sementarei,

loguiño de crarear,

en tanto no pobo medre

un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro

que fala na lingua nai,

que suba os pexegueiros

a froita verde ha roubar.

Sementar, sementarei….

Un vello que dea consellos,

un rostro de fume e pan,

que conte contos aos nenos

do cuco e do paspallás.

Sementar, sementarei….

Un cantar de redención,

un vello e novo cantar,

que troque a desolación

nun limpo e claro alborexar.

Sementar, sementarei….

Logo déixame morrer

entre dous regos, queimado,

cando veñan os solpores

dos homes esfameados.

Sementar, sementarei….

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*