Unha viaxe polas librarías máis fermosas do mundo

Pasear con tempo por unha libraría, andar e desandar, subir e baixar, abrir e pechar…As persoas que aman a literatura saben que un dos maiores praceres é rebuscar e descubrir nas librarías. Mais non todos os establecementos son iguais, cada un ten o seu encanto, a súa historia particular. De cara a 2018 propoñémosvos unha viaxe polas librarías máis fermosas do mundo. Unha das máis famosas está ben preto: a Livraria Lello & Irmão, na cidade de Oporto. Debido á afluencia masiva de turistas, a familia que a rexenta decidiu cobrar entrada (catro euros). Se o visitante merca un libro, devólvenlle a cantidade que depositou para poder acceder.

Nesta primeira semana do ano recuperamos un texto do portal Traveler que repara nalgunhas das librarías máis fermosas do mundo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*