Un decano asasinado, Inditex, A Marea…Marcelino Fernández Mallo regresa cunha novela negra regada de sátira social

Despois de seis anos de silencio literario na nosa lingua, o escritor Marcelino Fernández Mallo regresará nos vindeiros meses ás librarías do país cunha novela negra chea de sátira social. O título, ‘O bolseiro de Inditex’, non pode ser máis suxestivo e o argumento unha bomba de reloxería: O decano de Económicas morre nun accidente que resulta non ser tal. Todo apunta a que os instigadores do crime pertencen á empresa Inditex. Por se fose pouco, noutras tramas da novela aparecen as leas entre o goberno local e a multinacional téxtil, as dun comisario coa Garda Civil e a clase política e unha chea de executivos dispostos a todo con tal de salvaren os seus privilexios.

A novela, que está en fase de prevenda, sairá baixo o selo de Edicións do Peirao, un dos máis recentes proxectos editoriais do país. Ata o vindeiro 3 de febreiro aínda é posible reservar por adiantado un dos exemplares (16 euros) e de paso patrocinar a publicación desta novela (que a día de hoxe, e a falta de algo máis dunha semana para o peche, xa recadou o 75% dos cartos precisos).

Podes reservar aquí a novela.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*