Camilo Díaz Baliño protagoniza o Día da Ilustración 2018

Díaz Baliño co seu fillo Isaac

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Xunta anunciaron este xoves que o Día da Ilustración 2018, que se celebra o vindeiro 30 de xaneiro, estará dedicado ao artista Camilo Díaz Baliño. Unha das principais actividades da conmemoración é a posta en marcha do portal  http://www.diadailustracion.gal/,onde están accesibles os principais recursos vinculados coa data, entre os que destacan o cartel coas actividades que promoven as bibliotecas de xestión autonómica arredor deste día e mais un vídeo sobre Díaz Baliño.

A presentación das iniciativas tivo lugar na Biblioteca e Arquivo de Galicia, nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da AGPI, Sergio Covelo; Xosé Díaz, neto de Camilo Díaz Baliño; Alberto Guitián, membro da directiva da AGPI, e Minia Regos, autora da imaxe que ilustra o cartel do Día da Ilustración 2018.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*