Diego Alfonsín logra o Premio Lueiro Rey de Novela Curta coa obra ‘Non o saben as estrelas’

Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) acaba de gañar o Premio Lueiro Rey coa novela ‘Non o saben as estrelas’. O galardón, que convoca o Concello do Grove, leva asociado (ademais de tres mil euros) a publicación da obra, posibilita a estrea do escritor tudense na nosa lingua. Ata o de agora tiña publicado en castelán Lenta demolición (Premio de Novela Miguel Unamuno 2015). O xurado do Lueiro Rey deste ano composto por Anxela Gracian, Mario Regueira, Lionel Rexes, Manuel Bragado e Armando Requeixo. Alfonsín Rivero, licenciado en Filoloxía Galega e Xornalismo, traballa como profesor de Secundaria nun instituto madrileño. Edicións Xerais vai ser a editora encargada de levar ás librarías esta última súa obra.

Podes ampliar información nesta nova do Faro de Vigo (edición Arousa)

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*