Compostela, corazón da cultura rural

Nun dos seus poemas máis célebres, Ferrín afirmaba que “En Compostela pode un vento duro / estremecer o corazón da Europa campesiña / que todos temos dentro sen dicilo”. Iso é o que precisamente será nos vindeiros sete días Santiago: corazón e capital da cultura rural. E isto é posible grazas ás Xornadas CultRural, unha fermosa iniciativa do Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Edicións Positivas, Lobisome Producións e Arraianos.

Aínda que o epicentro será a Facultade de Ciencias da Información, a programación estenderase a diferentes puntos da cidade. Así, co fin de poñer o foco sobre a importancia da cultura rural no municipio, haberá debates exposicións, xornadas gastronómicas, visitas guiadas a hortas, presentacións de libros e obradoiros de cociña.

Podedes ver aquí todo o programa dunhas xornadas que pretenden demostrar a poderosa ecuación que conforman a cultura, a economía e o desenvolvemento sostible.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*