Manuel Colmeiro: últimos días en Margaride

No noso habitual paseo polo océano youtube atopamos un fragmento da que seguramente foi unha das últimas entrevistas a Manuel Colmeiro. En 1999, poucos meses antes do seu pasamento, un equipo de TVE entrevista ao pintor na eira da súa casa de Margaride, no municipio de Silleda. Durante a gravación, o artista, que xa anda preto naquela altura dos 98 anos, está acompañado da súa dona e de Isaac Díaz Pardo. A nenez, a mocidade, o exilio, a paixón artística…Deixámosvos estes case nove minutos de conversa cun dos nomes máis ilustres da pintura galega do século XX.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*