Elida Almeida, a cadencia caboverdiana volve percorrer o mundo

A relación de Cabo Verde coa música daría para tratados lingüísticos sobre significados e significantes. A música é a protagonista absoluta na vida dun arquipélago que conta con pouco de máis de medio millón de habitantes. A pesar de ser unha poboación pequena, cóntanse por ducias os solistas e as bandas que transcenden o panorama local e que entran nos circuítos internacionais. Sen dúbida, unha figura de talla tan xigantesca como a de Cesária Évora foi fundamental para posicionar a música caboverdiana no mundo.

Mais seis anos despois do pasamento da máis grande cantante de Cabo Verde, a vida (e a música) seguen e o talento non deixa de abrollar. Un exemplo que concentra todas as olladas é o de Elida Almeida. Con 24 anos vén de lanzar o seu segundo disco: Kebrada. Unha ducia de cancións luminosas que a levarán por África, Europa e Norteamérica nos vindeiros meses. A cadencia caboverdiana volve percorrer o mundo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*