Declarado deserto o Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor

Por vez primeira na súa historia, un xurado declarou deserto o Premio Blanco Amor de Novela Longa. Luís González Tosar, Alba Cid, Xosé Carlos Caneiro, César Lorenzo Gil e Montse Pena Presas acordaron deixar en branco a edición deste ano ao estimar que ningunha das obras presentadas reunía a calidade suficiente para gañar o concurso. A esta edición de 2017, a trixésimo sexta, presentáranse un total de vinte orixinais.

O Premio Blanco Amor de Novela Longa convócase dende 1981 e é un dos máis recoñecidos da literatura galega. Está dotado cun premio en metálico de 12000 euros e maila publicación do libro. Na longa nómina de gañadores figuran nomes como os de Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Fran Alonso, Úrsula Heinze, Cid Cabido, Suso de Toro, Xavier Alcalá, Sechu Sende, Francisco Castro, Inma López Silva ou Fran P. Lorenzo

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*