Castañazo 2017, o ano que Chantada gañou a capitalidade do rock and roll

Un traballo de anos e anos, dende a base e con moito esforzo e voluntarismo. Eses son os preámbulos do Castañazo Rock 2017, o ano no que o festival chantadino se acabou de consagrar definitivamente como unha referencia indispensable no país. Durante a pasada fin de semana (venres e sábado) contáronse por milleiros as persoas que asistiron aos dous concertos. Un ducia de bandas pasaron polo escenario: Sons of Aguirre, Gatillazo, Green Valley, Eukz, Chotokoeu, The Skarnivals, Zoo, Rastreros, Riort Propaganda, Mafalda, Terbutalina e Arryhtmia.

A organización ten claro que esta 15º edición foi a que contou con maior afluencia de público de todas as celebradas. Ábrense así novos retos para un festival local que cos anos se está a converter nunha cita de masas. Deixámosvos a reportaxe de Televinte Chantada sobre o que aconteceu nesta última edición do festival.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*