Cando as cámaras captaban as sinfonías das cidades

Este ano cúmprense 90 dende que Walther Ruttman decidiu rodar un documental xa mítico: Berlin: Die Sinfonie der Grosstadt (Berlín: sinfonía dunha cidade). Aquel ano de 1927 a capital alemá vivía aínda a resaca da derrota na I Guerra Mundial e apenas faltaban seis anos para que Hitler acaparase todo o poder político. Os espectadores acolleron con  entusiasmo unha película na que a protagonista absoluta é a propia cidade e os centos de cidadáns que aparecen fugazmente ao longo de todo o filme.

A película de Ruttman foi determinante para que dous anos despois (1929)  Dziga Vertov rodase un dos documentais máis afamados da historia do cine: O home da cámara.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*