Antonio Piñeiro gaña o II Premio Torrente Ballester en Lingua galega coa novela ‘A través do fume’

Antonio Piñeiro

O escritor Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) vén de facerse co galardón mellor dotado de todos os que se convocan no país (25 mil euros e edición) coa novela ‘A través do fume’. O xurado, que  estivo presidido pola vicepresidenta da entidade provincial, Goretti Sanmartín e composto por Eli Ríos (gañadora da primeira edición), Antón Riveiro Coello, Montse Dopico, María Reimóndez, Armando Requeixo e Mercedes Fernández Albalat destacou a “habilidade narrativa” da obra.

Antonio Piñeiro exerce como profesor de Historia no ensino público e, entre outros premios,

Xurado do premio

gañou o “O Penedo” do Centro Galego de Barcelona, o de poesía “Vila de Rianxo”, o Premio Avilés de Taramancos de relato de aventuras, o XXIII Premio de Novela “García Barros” da Estrada, o Premio de narrativa Manuel Murguía do Concello de Arteixo, o Premio Lueiro Rey de Novela Curta do Concello do Grove ou o Certame literario de Piñor de narracións breves. A súa conta de libros iníciase con Paisaxes de Cinza (Toxosoutos) en 2002 e nela atópanse obras como Tres contos de guerra (Colección Bourel), a novela A identidade fascinada (Editorial Galaxia, 2015) ou O noiro (Sotelo Blanco, 2016).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*