Esta fin de semana déronse a coñecer (e entregáronse) os Premios da Crítica 2017. Os diferentes xurados de cada modalidade decidiron conceder os galardóns a:
- Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga, Premio de Creación Literaria
- A prensa en Galicia na Transición de Marcós Pérez Pena, Premio de Investigación
- Programa Conciencia, Premio de Iniciativas Culturais e Científicas
- Luís Emilio Batallán, Premio de Música
- María Luisa Sobrino, Premio de Artes Plásticas
- Flor Maceiras, Premio de Artes Escénicas
- Festival S8. Mostra de cinema periférico da Coruña, Premio de Cine e Artes Audiovisuais
- Grupo Nove, Premio de Cultura gastronómica
Podedes ver aquí as motivacións de cada unha das distincións.