O Pergamiño Vindel volve mirar o mar de Vigo

Dende este martes 10 de outubro e ata marzo de 2018 o Museo do Mar de Vigo acolle unha xoia única da literatura galega: O Pergamiño Vindel. A Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia negociaron coa Morgan Library Museum de Nova York para que esta exposición temporal sexa posible. A mostra do Pergamiño Vindel vai ser un dos principais actos culturais do país nos vindeiros meses. O Museo do Mar tivo que acometer traballos especiais para dispoñer dunha sala coas condicións ideas de humidade e iluminación que require un documento que data do século XIII.

Deixámosvos dous vídeos nos que se recolle a historia e importancia do Pergamiño Vindel na nosa cultura:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*