‘Contádenos o voso Día das Letras’: unha ponte entre a Academia e as escolas

A Real Academia Galega abriu este martes as súas portas ao mundo escolar para entregar os premios Cóntádenos o voso Día das Letras, actividade coa que a institución pecha a edición deste ano do Primavera das Letras, un proxecto creado para reforzar a celebración do 17 de maio entre o alumnado máis novo. O presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a académica, Fina Casalderrey, foron os encargados de conducir un acto no que participaron 90 nenos e nenas dos centros premiados por sorteo (dun total de 80 que presentaron traballos): Carballal (Marín), Antonio Fernández López (Oural, Sarria), Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) e Plurilingüe Os Casais (Maniños, Fene), e o Colexio rural agrupado (CRA) Amencer (Ribadavia).

Precisamente, o profesorado dos centros agradeceu que a RAG se abrise con este á comunidade escolar con proxectos coma este. José Manuel Cabana, do CEIP Fernández López de Oural (Sarria), subliñaba que iniciativas como este concurso que permiten ao profesorado “rachar coas rutinas e centrarnos en traballos que moitas veces teñen tanto ou máis valor que os traballos rutineiros”, e tamén “aprender dos demais, poñernos en contacto uns centros cos outros”.

Podedes ampliar aquí a información:

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*