“Atesourando a palabra”, a memoria de Paco Souto sobe ao escenario

Paco Souto

O vindeiro sábado, 11 de novembro, ás 20:00 horas, o Teatro Colón da Coruña acollerá o espectáculo “Atesourando a palabra”, un tributo ao finado poeta Paco Souto. Segundo explican os organizadores, trátase dun “espectáculo interdisciplinar en homenaxe póstuma ao poeta Paco Souto. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou para sempre a súa voz.”

Rosalía Fernández Ríal será a encargada de coordinar e presentar un acto no que tamén participarán poetas como Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández e Paco de Tano. Candas eles estarán artistas plásticos (Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña, Abraham Vila..) e músicos como Aida Saco ou Serxio Moreira.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*