A novela ‘O club da calceta’, de María Reimóndez, rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos

Edicións Xerais anunciou a chegada ás librarías galegas da undécima edición da novela O club da calceta, de María Reimóndez. O libro, que se publicou por vez primeira no ano 2006, xa superou os 10.000 exemplares vendidos, unha cifra sorprendente nun sistema literario onde a simple reedición dunha obra é xa de por si noticia.

Elixida finalista dos Premios Xerais 2005, acadou en 2007 o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente e posteriormente foi traducida ao castelán, ao italiano e, máis recentemente, ao francés.Mais o libro de Reimóndez tamén tivo percorrido máis aló do papel. Teatro do Morcego levou a obra aos escenarios galegos e tamén, da man de Antón Dobao, houbo unha adaptación cinematográfica.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*